Contributos:
****
a crise decisiva
vídeo de: elisabete pires monteiro
interpretação de: andré da graça gomes
texto de: alexandre teixeira mendes
voz de: alberto augusto miranda
música de: razorman
****************
dito por: virgílio liquito
vídeo de: maria joão marques
**********************
Hoxe é onte
A choiva erguera a súa man
con medo a mollarnos
quizais por iso estaba triste…
A noite chegara máis cedo que de costume
e os seus dentes asemellaban estrelas orfas…
Todo era silencio no silencio…
Hoxe é onte
A lúa durmía fora do cadro
porque xa non quedaba pintura para ela
e eu… estaba canso. Estou canso.
Uns ollos vixiaban dende o norte
sementando gotiñas de luz,
pequena esperanza para o verde froito.
Unha barca espida apalpaba a terra
con húmidas lembranzas de sal e escuma.
E as árbores, moi serias,
estaban fartas de tanto conto
e axitaban teimosamente as súas follas
no intento imposíbel de voar lonxe.
Onte é hoxe..
Todo está creado
incluso antes de que eu o imaxinara.
O ceo xa era cárcere antes de que eu nacera,
e as estrelas morren nunha eterna caída
que nunca chega.
O mar está incompleto
e o seu corpo esvaecese nos recunchos dun marco
luído polo azo esborrallado.
Todo é pasado castrado
nesta comitiva de barcos fúnebres
e ollos aboiados.
Onte é hoxe
Por iso non atopo ríos novos
cos que me arrolar
neste infindo e mudo mundo
Todo é silencio no silencio
Os meus segundos son intres de desacougo
que apreixan a alma debuxada
E eu… estou canso. Estaba canso.
Mans constrúen ondas
que veñen morrer xunto a min
E os paxaros gardan a súa voz
cando intúen o meu corpo.
Nada podo facer para cambiar isto
Nada puiden facer
para cambiar isto.
Hoxe é onte.
Miguel Ángel Alonso Diz
******************
ándele pois
aquelas portas de portugal
pechadas mal pechadas
ducias e centos de anos
antes do vintecinco de abril
aquelas portas que se abriron
mentres na galiza seguian
outras portas mal pechadas
moitas que se tardaron en abrir
neste filo café da negra sombra
na crise a critica e os cravos
os cravos bermellos da verdade
a memoria a creacion a construccion
as imaxes as palabras e os cantos
esas flores esas plantas e esas árbores
esas arbores e ese bosque de abril
vigo 24 de abril do 2010
este poema coa trova de abril
e as quadras a beira da casa da horta
foi a miña pequena aportacion
esta noite pasada no negra sombra
Manolo pipas
**********************
quadras na beira da casa da horta
alfandega e ribeira /eses populares bairros
as tendas sacan pra rua / as hortalizas do campo
ese vello lavadeiro / esas mulleres descalzas
frotando nos seus tapetes / botando xabron e auga
cantas casas que se caen / co rumor dun vello fado
o vento traerá a chuvia / e os gatos polos telhados
e hai hortas pequeninhas / entre casas e valados
os limons do limoeiro / acidos versos que fago
un barrendeiro inmigrante / de guinea ou cavoverde
barre ecoloxia e lixo / tanta vida que se perde
cantos templos e museos / torres arcos i esculturas
segue fora o meu caminho / que na rua está a cultura
unha ponte outra ponte / o douro chegando ao mar
canta riqueza e pobreza / que parte ou que quere entrar
os rabelos na ribeira / coas suas pipas de vinho
os corpos que van e venhen / ai as veces sen sentido
ese chiar das gaivotas / i esas pombas tan caladas
e as camaras dos turistas / que non captan case nada
lavadores valadares / nomes que me son comuns
bairros da minha cidade / nomes do norte e do sul
cae a chuvia miudinha / nun banco segue deitado
de costas ao rio un home / entre o vinho e o pasado
as escadas do barredo / eses cheiros a comida
e as escadas das verdades / que antes eran das mentiras
alfandega e ribeira / eses populares bairros
segue baixando este douro / con preguntas polo baixo
e regreso minha amiga / volto pra casa da horta
fora seguen as gaivotas / dentro a casa colectiva
alfandega e ribeira o porto 10-09
Manolo pipas
**********************
Desacougados quedan teus cravos vermellos
na cinza diluída na auga escura do meu floreiro.
Pasa o tempo coma o trafego sanguíneo
de arterias aforcadas en tolemias graxentas
desasistidos miserábeis en crucifixións verdes
nos dominios de grandes corazóns enfermos,
respiracións entrecortadas i exaltadas
cando os teus ollos húmidos perden soño en destellos
e asoman asedios de pipas erectas
sobre das insinuacións marelas nas tebras
de patrias supostas no teu corpo verdescente
porque te venden, porque perdes monte
porque te quero verde mancomunada
porque te busco saudábel entre brétemas sinistras
e non sei se acaso te atopo nun punto cativo
perdido no medio da Ría que agarda
a que moitos en recuperalo perdan a vida;
mais eu sempre te desfruto enferma
e gusto de verte universal rediviva
no meu exceso volcánico de exaculación ideolóxica
porque te quero fodida antes que morta de medo
porque te rego de esperma curado de arrepío
porque cómpre saca-lo terror das tombas
nas que copulamos envelenados co tempo;
porque te alugan en nichos comunitarios
porque a cota láctea non te enche o ventre
porque te tiran en fosas miña amada rubia galega.
Pero medrarán na polución dos cadavres as serpes
coma a semente, miña amada, coma a semente.
O povo é quem mais ordena, no mar e na terra
e tamén no pube da matria nos cemiterios.
E ti, Xuntacadavres, nada sabes destes místeres
mais as tebras chamarán por ti encantadoras
cando encendamo-la utopía no ultraista burato negro
onde amamos ao demo de pirola rabela e cornos alleos.
Os tempos son chegados, querida,
pro meu deleite no teu ventre de inferno.
alfonso láuzara
Sem comentários:
Enviar um comentário