12.4.09
11.4.09
28.2.09
salvação e justiça (porto)

foto de cartaz: nelson silva
Contributos:
pintura: elisabete pires monteiro
*********
fotografia de: nelson silva
********
Agóchase detrás dunha porta
A porta reflicte a descatalogada salvación
que se achanta no balorecido son dunha campá
Fica estrábica no interior dun faro vello
coleccionando xustizas acedas
Seica hai un S O S engadido nas equidistantes folerpas
que deambulan inconexas
Hainos que pensan
que a salvación é un limiar impreso
Un índice pechado baixo terra
Salvación, xustiza
son dous vocábulos indeterminados
abstraídos nas tobeiras irredentas
Mentres os cans ouvean, xorde na escena
Unha muller perseguida polo maltrato
Un terminal que suplica eutanasia
A praia cuberta de chapapote
que soña coa límpida auga do seu ecosistema
A nación que agarda a salvación, a xustiza
da permanencia da lingua de seu
nas bocas do pobo
Salvación, xustiza
Son dous vocábulos indeterminados
agochados detrás dunha porta...
poema de: cruz martínez
fotografia de: cruz martinez
**************************************************************************************************************
Somos a raza dos homes perfectos
e vivimos nun mundo perfecto...
As leis están inacabadas
para erradicar a inocencia
e destruír a bondade
creamos vítimas e verdugos
á nosa semellanza
Bis...
A verdade persegue a XUSTIZA
mais nunca consegue tocala
pois a SALVACIÓN é a utopía
cara a que navega
a caste dos perdidos
Bis...
Somos os nosos propios deuses
e os nosos propios monstros
a XUSTIZA é un xogo de cartas
na que xogamos a SALVACIÓN
das almas que mercamos
e vendemos ...
Somos a raza dos homes perfectos
e vivimos nun mundo perfecto...
poema de: rosanegra
Etiquetas:
porto,
salvação e justiça
22.11.08
fecundação e alívio

Contributos:
pintura de: elisabete pires monteiro
fotografia de: nelson silva
fotografia de: carlos silva
******
O tempo corre estando parado
escoitamos o tic- tac biolóxico
da nosa natureza animal
persistimos e insistimos
na supervivencia
do pequeno homo...
O tempo pasa inmutable
e creamos monstros
criamos corvos impetuosos
que agardan para arrincarnos os ollos…
O tempo dorme, o soño eterno
represéntase mecanicamente
nun reloxo e nunha célula
sistemática e estrutural
E así, ouvímos o noso
Tic tac tic tac tic tac…
poesia de: rosanegra
fotografia de: cruz martinez
Etiquetas:
fecundaçao e alivio,
filo-cafes,
porto
23.2.08
12.1.08
suicídio / altericídio (porto)
Filo-Café: Suicídio/Altericídio
Um filo-café serve para reunir pessoas (amigos) em torno de um tema que pode ser abordado de vários modos: poesia, pensamento, pintura, comunicações, escultura, teatro, fotografia ou com outra forma de participação activa para a discussão.
Integrado no evento, será lançado um livro de poesia de Eva Mendéz doRoxo com o título "As sete idades".As incrições para o filo-café continuam em aberto no site da incomunidade.
E para quem não sabe: o Café Princesa situa-se na Rua Silva Tapada, 134 no Porto (ver mapa).
Contributos:
****
pensamento: alberto augusto miranda
vídeo de: clara pimenta do vale
fotografia de: nelson silva
********
****
poesia de: miguel torga
dito por:
vídeo de: clara pimenta do vale
Etiquetas:
filo-cafes,
porto,
suicidio / altericidio
16.6.07
Subscrever:
Mensagens (Atom)










